FomocloudCloudCloudCloud

Non tes tempo para publicar os teus eventos? Nós facémolo por ti

Sabemos que xestionar eventos pode ser un reto. Axudámoste, encargarémonos de publicar e actualizar os teus eventos en Fomo para que só te preocupes polo que máis importa: que o teu evento sexa un éxito

Fomo é un proxecto independente, creado e sostido con dedicación e moitas horas de traballo por unha soa persoa. Todo o que ves —a idea, o desenvolvemento, o mantemento e os custos— nace pola ilusión de crear un espazo onde os teus eventos non dependan dun algoritmo e cheguen a todas as persoas que buscan o seu plan ideal. Este servizo non só xestiona os teus eventos: tamén é unha forma de apoiar directamente o crecemento e a continuidade de fomo. Grazas á túa axuda, este proxecto pode seguir evolucionando.

Como funciona?

Elixe cantos eventos queres que publiquemos por ti: podes seleccionar unha cantidade concreta ou adquirir un dos packs de 10, 20 ou 50 eventos. Cando queiras publicar un evento envíanos unha mensaxe ao correo electrónico coa información do evento, ou ben, facilítanos un enlace se xa está publicado noutra plataforma. Nun máximo de 48 horas estará dispoñible en fomo, listo para que os usuarios o descubran.

Acepto a Política de Privacidade e os Termos e Condicións de uso de Fomo e dou o meu consetimiento para o tratamento dos meus datos persoais co fin de xestionar o meu acceso á plataforma de publicación de eventos.