Política de Privacidade de Fomo
Actualizado o 12/05/2025
1. Antes de nada...
En Fomo tomámonos moi en serio a túa privacidade. Sabemos que os textos legais poden parecer fríos ou difíciles, pero aquí explicámolo con claridade e sen letra pequena. Esta política de privacidade cóntache que datos recollemos, por que o facemos e que podes facer ti respecto a eles, tanto se usas a app como se sobes eventos a través da web.
Se tes calquera dúbida, podes escribirnos a support@fomoeventos.es.
2. Quen está detrás de Fomo?
Fomo é un proxecto persoal de Ángela Redondo Rodríguez, desenvolvedora e responsable legal do tratamento dos teus datos con residencia en Galicia, España.
3. Se usas a app Fomo...
3.1. Que datos recollemos?
Cando te rexistras ou usas a app, gardamos:
- O teu nome, apelidos e correo electrónico
- O teu contrasinal, de forma cifrada (ninguén pode velo)
- As túas categorías favoritas para recomendarche eventos
- A túa localización aproximada para mostrarche eventos próximos
- Un identificador do teu dispositivo para poder enviarte notificacións
- O teu idioma favorito entre as opcións dispoñibles
- Os teus eventos gardados na aplicación
- Os teus eventos descartados na aplicación
3.2. Para que usamos os teus datos?
- Para que poidas crear unha conta e acceder á app
- Para mostrarche eventos que poidan interesarche
- Para enviarte notificacións push se o permites
- Para gardar os teus eventos favoritos e descartar os que non che interesen
- Para responder se escribes ao equipo de soporte
3.3. Con quen compartimos esta información?
Usamos servizos externos de confianza, que tratan os teus datos segundo a normativa europea:
- Firebase (Google): Para autenticarte vía Google e enviarte notificacións.
- Mailgun: Para enviarte correos electrónicos.
- Heroku e Postgres: Para almacenar os teus datos e os eventos que se soben á plataforma.
3.4. Canto tempo gardamos os teus datos?
Mentres teñas unha conta activa. Se decides borrar a túa conta, eliminaremos os teus datos de forma segura.
3.5. Que dereitos tes?
Podes pedírnolo en calquera momento:
- Ver que datos temos sobre ti
- Corrixir datos incorrectos
- Borrar os teus datos e a túa conta
- Opoñerte a que tratemos os teus datos
- Retirar o teu consentimento
4. Se publicas eventos desde a plataforma web...
4.1. Que datos pedimos?
Para darte acceso a subir eventos pedimos só o teu correo electrónico.
Despois, ao subir o evento, pedímosche:- Título e descrición do evento
- Imaxes do evento (opcional, pero recomendable)
- Categoría do evento
- Data, datas ou rango temporal do evento
- Se é un evento orientado a público infantil
- Prezo do evento
- Localización do evento
- Enlaces relacionados co evento (opcional)
4.2. Como usamos estes datos?
Usamos o teu correo para enviarte un código único co que podes subir os teus eventos. Este código ten un límite de eventos e caduca pasados uns días. Tamén nos permite comprobar se xa usaches os teus 5 eventos gratuítos do mes.
Os datos do evento úsanse para:- Comprobar se xa existe un evento similar (para evitar duplicados)
- Publicalo na app
- Avisarte por correo cando se publique
4.3. Mercar eventos
Se decides mercar eventos (individuais, en packs ou destacados), usamos o servizo de Stripe para o pago. Fomo non ve nin garda os teus datos bancarios, iso xestiónao Stripe directamente.
Só gardamos o teu correo e cantos eventos mercaches ou usaches.4.4. Con quen compartimos esta información?
Só cos servizos necesarios para que todo funcione:
- Stripe: Para xestionar os pagos
- Mailgun: Para enviarte correos electrónicos
- O noso servidor (Heroku) e base de datos (PostgreSQL)
4.5. Canto tempo se garda?
Os teus datos gárdanse automaticamente, se queres que os borremos, só tes que escribirnos.
5. Sobre a seguridade
Coidamos os teus datos con agarimo. Usamos cifrado, conexións seguras (HTTPS), e acceso restrinxido aos datos.
Só as persoas encargadas de manter Fomo poden velos cando é necesario.6. Cambios nesta política
Se cambiamos algo importante, farémoscho saber desde a app, a web ou por correo. Sempre poderás consultar aquí a última versión.
7. E se tes dúbidas...
Estamos dispoñibles para axudarte en todo o relacionado coa túa privacidade.
support@fomoeventos.es8. Os teus dereitos según o RGPD (versión sencilla)
- Podes saber que datos temos e por que
- Podes correxir ou borrar os teus datos
- Podes dicirnos que non queres que os usemos
- Podes pedir que che enviemos os teus datos
- Podes retirar o teu consentimiento cando queiras
Se tes máis dubidas sobre o tratamento dos teus datos persoais, podes atopar más información no apartado de Tratamento de datos persoais (RGPD)