Política de Privacidade de Fomo

Actualizado o 12/05/2025

  • 1. Antes de nada...

    En Fomo tomámonos moi en serio a túa privacidade. Sabemos que os textos legais poden parecer fríos ou difíciles, pero aquí explicámolo con claridade e sen letra pequena. Esta política de privacidade cóntache que datos recollemos, por que o facemos e que podes facer ti respecto a eles, tanto se usas a app como se sobes eventos a través da web.

    Se tes calquera dúbida, podes escribirnos a support@fomoeventos.es.

  • 2. Quen está detrás de Fomo?

    Fomo é un proxecto persoal de Ángela Redondo Rodríguez, desenvolvedora e responsable legal do tratamento dos teus datos con residencia en Galicia, España.

  • 3. Se usas a app Fomo...

    • 3.1. Que datos recollemos?

      Cando te rexistras ou usas a app, gardamos:

      • O teu nome, apelidos e correo electrónico
      • O teu contrasinal, de forma cifrada (ninguén pode velo)
      • As túas categorías favoritas para recomendarche eventos
      • A túa localización aproximada para mostrarche eventos próximos
      • Un identificador do teu dispositivo para poder enviarte notificacións
      • O teu idioma favorito entre as opcións dispoñibles
      • Os teus eventos gardados na aplicación
      • Os teus eventos descartados na aplicación
    • 3.2. Para que usamos os teus datos?

      • Para que poidas crear unha conta e acceder á app
      • Para mostrarche eventos que poidan interesarche
      • Para enviarte notificacións push se o permites
      • Para gardar os teus eventos favoritos e descartar os que non che interesen
      • Para responder se escribes ao equipo de soporte
    • 3.3. Con quen compartimos esta información?

      Usamos servizos externos de confianza, que tratan os teus datos segundo a normativa europea:

      • Firebase (Google): Para autenticarte vía Google e enviarte notificacións.
      • Mailgun: Para enviarte correos electrónicos.
      • Heroku e Postgres: Para almacenar os teus datos e os eventos que se soben á plataforma.
    • 3.4. Canto tempo gardamos os teus datos?

      Mentres teñas unha conta activa. Se decides borrar a túa conta, eliminaremos os teus datos de forma segura.

    • 3.5. Que dereitos tes?

      Podes pedírnolo en calquera momento:

      • Ver que datos temos sobre ti
      • Corrixir datos incorrectos
      • Borrar os teus datos e a túa conta
      • Opoñerte a que tratemos os teus datos
      • Retirar o teu consentimento
  • 4. Se publicas eventos desde a plataforma web...

    • 4.1. Que datos pedimos?

      Para darte acceso a subir eventos pedimos só o teu correo electrónico.
      Despois, ao subir o evento, pedímosche:

      • Título e descrición do evento
      • Imaxes do evento (opcional, pero recomendable)
      • Categoría do evento
      • Data, datas ou rango temporal do evento
      • Se é un evento orientado a público infantil
      • Prezo do evento
      • Localización do evento
      • Enlaces relacionados co evento (opcional)
    • 4.2. Como usamos estes datos?

      Usamos o teu correo para enviarte un código único co que podes subir os teus eventos. Este código ten un límite de eventos e caduca pasados uns días. Tamén nos permite comprobar se xa usaches os teus 5 eventos gratuítos do mes.
      Os datos do evento úsanse para:

      • Comprobar se xa existe un evento similar (para evitar duplicados)
      • Publicalo na app
      • Avisarte por correo cando se publique
    • 4.3. Mercar eventos

      Se decides mercar eventos (individuais, en packs ou destacados), usamos o servizo de Stripe para o pago. Fomo non ve nin garda os teus datos bancarios, iso xestiónao Stripe directamente.
      Só gardamos o teu correo e cantos eventos mercaches ou usaches.

    • 4.4. Con quen compartimos esta información?

      Só cos servizos necesarios para que todo funcione:

      • Stripe: Para xestionar os pagos
      • Mailgun: Para enviarte correos electrónicos
      • O noso servidor (Heroku) e base de datos (PostgreSQL)
    • 4.5. Canto tempo se garda?

      Os teus datos gárdanse automaticamente, se queres que os borremos, só tes que escribirnos.

  • 5. Sobre a seguridade

    Coidamos os teus datos con agarimo. Usamos cifrado, conexións seguras (HTTPS), e acceso restrinxido aos datos.
    Só as persoas encargadas de manter Fomo poden velos cando é necesario.

  • 6. Cambios nesta política

    Se cambiamos algo importante, farémoscho saber desde a app, a web ou por correo. Sempre poderás consultar aquí a última versión.

  • 7. E se tes dúbidas...

    Estamos dispoñibles para axudarte en todo o relacionado coa túa privacidade.
    support@fomoeventos.es

  • 8. Os teus dereitos según o RGPD (versión sencilla)

    • Podes saber que datos temos e por que
    • Podes correxir ou borrar os teus datos
    • Podes dicirnos que non queres que os usemos
    • Podes pedir que che enviemos os teus datos
    • Podes retirar o teu consentimiento cando queiras

    Se tes máis dubidas sobre o tratamento dos teus datos persoais, podes atopar más información no apartado de Tratamento de datos persoais (RGPD)